MÁIS DE DÚAS DÉCADAS APOIANDO A CREACIÓN E DIFUSIÓN DE OBRAS LITERARIAS.
MÁIS DE 460.000 EXEMPLARES REPARTIDOS A TODA A SOCIEDADE GALEGA.
IMPULSO A AUTORAS E AUTORES EMERXENTES E CONSAGRADOS EN DIFERENTES PROXECTOS.
FOLIADA!
Foliada! é unha homenaxe a Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos e das Pandeireteiras de Mens (Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda), en que se personificou a poesía popular oral homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025. Nesta publicación reúnense ilustracións de Xoana Almar, Iria Fafián, Laura Mahía, María Montes e Laura Tova e textos das escritoras Yolanda Castaño, Esther F. Carrodeguas, Ledicia Costas, María Lado e María Solar.
DESCÁRGAA AQUÍ
FLORES E LETRAS
Flores e Letras é un caderno de actividades e xogos ao redor das nosas letras, coa nosa literatura no centro e tamén nas marxes, lanzado con motivo do Día das Letras Galegas 2024.
DESCÁRGAO AQUÍ
TIRABEQUE
En Gadis consideramos a banda deseñada e a ilustración unha parte fundamental da nosa
cultura. Por iso, con motivo do Día das Letras Galegas 2023, lanzamos o noso propio fanzine:
"Tirabeque". Nel encontrarás interpretacións libres do que significa Supermercados Gadis
para a sociedade da man de 12 artistas recoñecidos de Galicia.
DESCÁRGAO AQUÍ
VERSOS NA RÚA
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2022, quixemos levar dun xeito anónimo a nosa
literatura ás rúas das vilas e cidades de Galicia. Pintamos 10 frases da literatura galega en
200 pasos de peóns e 50 paredes de 12 vilas galegas. Gastamos 280 litros de pintura e
repartimos 60.000 adhesivos. Descubre os Versos na rúa!