GADISA RETAIL SLU, C.I.F. B-15735590 con domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña) (en diante, “GADIS” “Organizador”), organiza un concurso para celebrar o Día das Letras Galegas.
O obxectivo do sorteo é agasallar con 20 exemplares do caderno Flores e Letras.
De entre todos os participantes que se rexistren no concurso sortearanse 20 premios.
A modalidade de participación é Online na web https://www.gadisletrasgalegas.gal
As datas de inscrición e participación serán desde o 16 de maio ata as 23.59 horas do 31 de maio de 2024.
O nome dos gañadores darase a coñecer o 3 de xuño 2024.
Estas datas poderán verse alteradas por calquera causa que GADIS considere necesaria ou por forza maior, todo o cal se comunicará oportunamente.
A acción está dirixida a maiores de 18 anos, residentes legais en España. Poderán participar persoas físicas de todo o territorio nacional.
Para participar, deberá cubrirse o formulario da web gadisletrasgalegas.gal, dentro das datas de participación.
Os participantes deberán cubrir o formulario de rexistro integramente e de forma veraz. Non está permitido incorporar datos de terceiros ou de menores de idade. Todos os participantes garanten a veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados. En todo caso, os datos que se soliciten con motivo da participación no concurso serán tratados conforme á normativa de protección de datos.
Se non se cobre correctamente o formulario de inscrición ou se formaliza fóra do prazo de inscrición, os datos quedaran excluídos automaticamente do concurso.
A inscrición dos participantes realizarase entre o 16 de maio e o 31 de maio de 2023.
Pecha o concurso o 31 de maio.
O 3 de xuño publicaranse os gañadores do concurso.
O 3 de xuño, mediante unha aplicación externa, farase un sorteo entre todos os participantes no que se definirán as vinte (20) persoas gañadoras.
Os nomes e apelidos das persoas gañadoras serán publicados na web de GADIS, gadisletrasgalegas.gal e redes sociais. Ás persoas gañadoras notificaráselles a súa condición mediante un correo electrónico segundo os seus datos de rexistro. O premio recollerase no punto de venda GADIS que designe o participante seleccionado.
As persoas gañadoras recibirán un exemplar do caderno Flores e Letras.
Os premios mencionados son tal e como se relacionan, sen incluír ningún accesorio ou característica distinta da expresada e non serán obxecto de variación ou intercambio ou compensación económica a petición das persoas gañadoras.
No caso de que os datos identificativos non sexan correctos ou sexa imposible contactar cos gañadores a través dos datos facilitados o premio quedará deserto.
Os gañadores deberán facilitar unha fotocopia do seu DNI, NIE ou outro documento válido de identidade, se GADIS así o require. No caso de requerirse comprobación de identidade e algún dos agraciados non achega ningunha documentación, perderá o dereito ao premio.
En ningún caso os premios poderán ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores.
Se por calquera razón allea a GADIS non houbese dispoñibilidade dos premios, queda reservado o dereito de substituílo por outro de igual ou superior custe.
O premio é intransferible.
Ningún dos premios está suxeito a retención ou ingreso a conta en concepto de IRPF.
Os participantes inscritos autorizan a publicación na web do seu nome ou pseudónimo.
Todos os seleccionados autorizan a GADIS reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada con esta acción, todo isto en calquera medio (perfís de redes sociais de GADIS, web, entre outros) sen que obteñan dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio obtido conforme a estas bases.
GADIS resérvase o dereito a excluír de participación a quen non cumpran cos requisitos de participación.
GADIS resérvase o dereito a excluír a participación ou deixar os premios desertos no caso de que existan presuncións de fraude.
GADIS poderá realizar modificacións á mecánica co obxecto de mellorala ou de evitar actitudes fraudulentas. Tamén poderá realizar outro tipo de modificacións sempre que estas esteas xustificadas e non prexudiquen os participantes.
GADIS resérvase o dereito de non admitir ou excluír os participantes ou os gañadores do concurso que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes Bases, quedando eximida de calquera responsabilidade no suposto de que estes erros ou falsidades impidan a identificación dos gañadores dos premios.
A entidade organizadora resérvase o dereito de manter temporalmente inoperativa a web por razóns de mantemento e/ou seguridade.
GADIS exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, as incidencias que poidan derivar de problemas de acceso a Internet e erro de calquera mensaxe de correo electrónico destinada a GADIS.
Informámolo de que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione con ocasión da participación na presente promoción: nome e apelidos e correo electrónico serán tratados coa finalidade de xestionar o desenvolvemento do concurso, a entrega dos premios obtidos, así como con fins estatísticos e/ou para lle remitir información e publicidade que poida ser do seu interese sobre os produtos, servizos, promocións e novidades do sector da alimentación, enxoval e fogar correspondentes ao Grupo Gadisa Retail, se vostede expresamente o autoriza.
Os seus datos serán conservados durante o período de desenvolvemento das accións promocionais. Se autorizou o envío de información comercial, trataremos os seus datos mentres non exercite o seu dereito de cancelación.
Igualmente, informámolo de que os seus datos persoais poderán ser comunicados a terceiros a través de redes sociais, web ou calquera outro medio que a organización estime oportuno para promocionar o concurso. Da mesma forma, os datos dos gañadores poderanse comunicar as empresas do Grupo Gadis Retail S.L.U coa finalidade de xestionar a entrega dos premios no supermercado Gadis elixido.
Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, dirixíndose a lopd@gadisa.es, indicando o tipo de dereito exercitado e achegando copia do seu DNI.
Así mesmo, ten vostede dereito a presentar a súa reclamación fronte á Axencia Española de Protección de Datos.
Os gañadores da promoción autorizan expresamente a Gadisa Retail SLU a difundir o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter/Facebook/Instagram e a súa imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de márketing relacionada coa presente promoción en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.
Esta acción regularase pola lei española vixente.
A participación no concurso supón a aceptación íntegra e incondicional destas Bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que destas Bases realice a organización en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte destas implicará a exclusión inmediata do participante e, en consecuencia, GADIS quedará liberada do cumprimento de calquera das obrigas contraídas co mencionado participante.
As presentes Bases están suxeitas a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora, erratas ou causas de forza maior.
Poderase esixir a cada gañadora a sinatura dun documento acreditativo da entrega do premio.
Todos os conflitos que poidan xurdir someteranse á decisión dos tribunais da Coruña.