FLORES E LETRAS
Flores e Letras é un caderno de actividades e xogos ao redor das nosas letras, coa nosa literatura no centro e tamén nas marxes, lanzado con motivo do Día das Letras Galegas 2024.






MÁIS DE DÚAS DÉCADAS APOIANDO A CREACIÓN E DIFUSIÓN DE OBRAS LITERARIAS.
MÁIS DE 430.000 EXEMPLARES REPARTIDOS A TODA A SOCIEDADE GALEGA.
IMPULSO A AUTORAS E AUTORES EMERXENTES E CONSAGRADOS EN DIFERENTES PROXECTOS.
Flores e Letras é un caderno de actividades e xogos ao redor das nosas letras, coa nosa literatura no centro e tamén nas marxes, lanzado con motivo do Día das Letras Galegas 2024.
En Gadis consideramos a banda deseñada e a ilustración unha parte fundamental da nosa cultura. Por iso, con motivo do Día das Letras Galegas 2023, lanzamos o noso propio fanzine: "Tirabeque". Nel encontrarás interpretacións libres do que significa Supermercados Gadis para a sociedade da man de 12 artistas recoñecidos de Galicia.
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2022, quixemos levar dun xeito anónimo a nosa literatura ás rúas das vilas e cidades de Galicia. Pintamos 10 frases da literatura galega en 200 pasos de peóns e 50 paredes de 12 vilas galegas. Gastamos 280 litros de pintura e repartimos 60.000 adhesivos. Descubre os Versos na rúa!
Celebramos o Día das Letras 2021 coa publicación dunha antoloxía na que se recollen os textos de 15 poetas novos de Galicia. Trátase dunha escolma que reflicte a calidade e a variedade das voces literarias galegas e inclúe pezas de artistas plásticos e fotógrafos novos.